O edificio, que ocupa a totalidade da parcela para contribuir a consolidar o tecido urbano, alberga un centro de dia e vivendas para maiores organizadas arredor de varios patios de escala doméstica.
Sobre o centro de dia de planta baixa, unha fita continua de unidades de vivenda prégase e remétese respecto ás alineacions para marcar o acceso, mellorar a iluminación do equipamento e reducir os percorridos de evacuación, conseguindo organizar a planta de vivendas cun único núcleo central de circulación.
Un único tipo de vivenda-adaptada r con terraza- resolve todalas situacións con pequenas variantes nas esquinas e nas viviendas de 2 dormitorios.