O eixo principal de entrada a Santa Cruz desde o sur, un centro de actividades administrativas, un sistema de espazos libres desde a nova praza do edificio de Xulgados até a avenida da Constitución, o parque marítimo, e o Auditorio.
Un programa mixto, resolto con dous elementos: unha torre exenta de 12 andares para as oficinas e un baseamento en chanzos para o centro comercial.
A torre parece ter abandoado a sua posición orixinal para aliñarse coa avenida e enfrontarse ao Auditorio, creando un patio en pendente desde o que se accede aos dous edificios.