A casa é a última nunha longa ringleira e limita cunha zona verde. Evita o clásico esquema suburbano de organización rúa-patio, xira 90 graos, dálle as costas ao veciño, aterrázase, debrúzase en chanzos cara o sur e as amplas vistas do val.
En contacto co terreo, formigón armado visto.
Arriba, volumes brancos de arestas vivas forman un “U” arredor dun patio aberto ao sur.