Unha forte pendente. A un lado as vistas, ao outro o sol. A sala debía estar necesariamente no ponto máis alto da parcela, o máis alonxado do acceso, para poder disfrutar do xardín, lindante co de familiares próximos.
Só unha distribución pouco ortodoxa podía satisfacer todos os requisitos de partida. Ao ignorar tópicos como a separación zona de día- zona de noite cada peza puido encontar o seu lugar.