Un centro de interpretación da época da repoboación cristiá en Bellpuig, un dos poucos mosteiros medievais(S. XIII) das Illas Baleares.
A intervención segue as pautas de crecemento do antigo mosteiro e organízase arredor dun novo patio aberto ao aciñeiral. Todas as súas cubertas teñen unha altura menor que o gran muro ao que se adosan, subliñando o protagonismo do existente.
Desde o vello claustro, o edificio é prácticamente invisíbel, pero interactúa co existente ao integrar a á leste do mosteiro e situar alí a cafetaría e a sala de audiovisuais: os dous espazos susceptíbeis de ser utilizados polos visitantes non especializados.