Primera aplicación a vivienda protexida das “Normas do Hábitat de Galicia”. Novos parámetros normativos, novas solucións. Un novo modelo.
Elementos de dobre función. Os patios tendal privativos son, ao mesmo tempo, lucernarios translúcidos que dignifican o dinámico espazo de acceso e permiten a ventilación cruzada das viviendas.
Unidade na variedade. A trabada organización da planta permite unha lectura única pese a existiren duas tipoloxías de vivienda (1 e 2 dormitorios). En ambos casos, libérase a fachada, dando lugar a vistas cruzadas entre estancias e a unha sensación de amplitude propia de outros programas.
Un único oco de xenerosas dimensións, agora retrasado (ventá), agora sobresainte (galería), resolve todas as esixencias. Cada vivienda conta con, polo menos, un oco de cada tipo.