Unha pendente pronunciada con vistas ao sur, sobre o val do río Pitarque. O novo edificio ábrese ás vistas, cae en chanzos pegándose ao terreo para minimizar o seu impacto. As súas cubertas, como a arquitectura vernácula do lugar, son de tella árabe.
Dous volumes. Nun, hotel-vivenda de persoal, no outro, o bar-restaurante. No intersticio entre ambos, a entrada, protexida por un porche a dobre altura que enmarca as estupendas vistas sobre a vila e o Maestrazgo.