Ante un entorno pouco consolidado, con predominio de grandes espacios valeiros, e un programa con importantes esixencias de seguridade, o edificio desenvolve o seu proprio mundo interior a partir de dous elementos:
O baseamento: Un gran zócolo branco de formigón prefabricado que ocupa toda a parcela, baleirado pola praza de acceso e tres patios
O bloque voado: Protexido do sol cun veo de cobre, asómase sobre o zócolo cun gran voo que marca a entrada ao edificio.
A rigurosa modulación, a intencionada ubicación dos núcleos e a cuidada iluminación natural de todos os espacios permiten unha gran flexibilidade de uso e a futura ampliación do complexo.